lunes, 20 de julio de 2009

Cultura e política

Reproducimos aquí polo seu interese unha Carta ao director envíada ao xornal El Correo Gallego por José Bernárdez:

"Son un veciño de Touro, que estiven no festival Folk In Río que os rapaces do grupo de gaitas organizaron o sábado 27 de xuño. A verdade é que a miña familia mais eu gozamos como hai moitos anos que non o facemos xa que foi u­nha festa das que obrigatoriamente deberían existir en cada Concello, na que os veciños van comer a unha carballeira e desfrutan das festas tal e como as coñecín sendo un neno, con aqueles xogos tradicionais, artesáns e sobre todo a música galega, é dicir, iso foi a exaltación dunha cultura que non se debería perder en Galicia.

Pero comentando coa xente o ben que estaba todo organizado, ó día seguinte decátome de que uns veciños non acudiron por pensar que esa festa era organizada por un partido político non afín ó alcalde, polo que este se negou a axudar na celebración desta festa tan bonita, e non contento con isto, limitábase a dicir que a festa era dun partido político e que detrás da organización estaban esas siglas partidarias. Dende o meu punto de vista é moi triste pensar que naquela festa o único que houbo foi moita diversión e unha tarde estupenda cos veciños, e polo que eu vin, alí non se me despreciou como votante do PP (non sei se o sabían), pero creo que o señor alcalde e os veciños que como el pensaban están moi equivocados co fin da festa do sábado. Agora o que teño eu é unha dúbida: ¿non será que no Concello, que presume todos os anos de non dar gastado os cartos dos que dispón e rematar os exercicios con superávit, non lle gusta que se organice algo sen eles manexar os fíos?, ¿ou por que a persoa que debería organizar estas festas só se dedica a pasar unhas poucas horas no concello e a cobrar por facer un programa de actividades en horario escolar? A min que me expliquen estas cousas e, por favor, señor alcalde de Touro, non mestura a cultura coa política, que nesta vida hai cousas máis importantes que manter o posto dos que levades 20 anos gobernando.

Como veciño vou comprobar se estes datos son correctos, pero creo que acabas de perder os votos dunha familia de Touro. ¡¡ U­nha pena mesturar o touciño coa velocidade!!"

Para velo na web do xornal faga click aquí

Tome nota señor alcalde! e Parabéns aos mozos de Sobreiras do Ulla (ASOCIACIÓN CULTURAL)