martes, 17 de marzo de 2009

Constitución da UXFOR Couto de San Sebastián

Que é unha UXFOR, preguntaredesvos. As UXFOR, Unidade de Xestión Forestal, son unha asociación de propieatarios de monte que deciden unificar a xestión das súas terras. Con isto conséguese rentabilizar a actividade, previr incendios e ordenar a superficoie de acordo tamén a criterios ambientais.

Esta en concreto, que foi visitada estes días polo director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blanco Casal, está formada por 82 propietarios e suma unha superficie de 160 hectáreas.

Esperemos que con iniciativas coma esta se poña en valor un sector con tanto potencial coma o forestal que está ao mesmo tempo tan abandonado debido ao minifundismo galego.


Máis información:

Consellería do Medio Rural

Tierras de Santiago

sábado, 14 de marzo de 2009

Ola amigos e amigas de Touro


Ola veciños!

Acaba de nacer este blogue co obxectivo de dar a coñecer os acontecementos e actividades (aínda que sexan poucas) do noso concello. Ese blogue non será so iso, será o punto de partida de ideas e reivindicacións porque ao noso concello quédalle moito que cambiar e moito que avanzar.

Infotouro non pretende ser un simple portal de novas de Touro, senón que pedimos a vosa participación para que Infotouro sexa un medio interactivo. Pedimosvos que colaboredes subindo novas, fotos, etc para que todas e todos esteamos informados de canto pasa no noso concello.

Con isto tamén pretendemos que Touro aparte de existir no mundo físico exista tamén na rede de redes e teña o seu oco en Internet onde cada un ten a súa propia opinión non centralizada pola postura dos medios, tan posicionados na actualidade.


Cultura, deportes, política, entrevistas, reportaxes, denuncia, todo ten cabida neste blogue.

en INFOTOURO hai sitio para TODOS (ou case todos).