jueves, 17 de junio de 2010

FOLK IN RIO - TOURO

A Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla (ACASDU) organiza este domingo o festival FOLK IN RÍO, que terá o seguinte programa:

11:00 : I Open de Billarda
12:00 : Concurso Cantos de Taberna (polos bares de Touro)
14:00 : Final do concurso na Área Recreativa A Santaia
15:00 : Xantar campestre

Dende as 16:00
-Exposición de Artesáns
-Xogos tradicionais
-Espectáculo de maxia con Roi o Cagabolas

Dende as 18:00 FESTIVAL FOLK IN RIO
-Os Malinos de Portugal
-Zurrumalla de Pontevedra
-A requinta da Laxeira de Vedra

miércoles, 10 de marzo de 2010

TOURO NUNCA SERÁ TORO

Pois eso mesmo, que na anterior feira de turismo de Madrid, na clausura da mesma, o Excmo. Conselleiro de "Cultura", traduciu o nome de Sobrado dos Monxes por Desván de los Monjes, e o que máis nos preocupa a nós, o de Touro por TORO.
Hai que decirlle a esta xente, que o Concello de Toro, está na provincia de Zamora, mentres que o noso, sempre será TOURO.

domingo, 10 de enero de 2010

Neve en Touro

Xa había tempo que a neve se esquecía de Touro. Tras estar bastantes anos sen vir, visitounos o ano pasado o día 9 de xaneiro. Parece que as folerpas lles gustou a nosa terra e non quixeron deixar pasar un ano para volver. Así o venres 8 de xaneiro de 2010 levantámonos cós termómetros pólo chan e chan vestido de branco. E non so o venres, senón sábado e tamén hoxe (domingo) está nevando. Mais desta vez a neve viña acompañada de xeo e xeada, o que fixo que o tránsito polas estradas fose mais complicado que o ano pasado. A neve coa que gozaron os máis pequenos poucos afeitos a vela por estes lares foi, en cambio, fonte de preocupación para os seus pais que viron como lles era difícil ou case imposible ir aos seus centros de traballo. Na imaxe vese a aldea de Tarrío (Bama) toda nevada o ano pasado.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Touro elimina barreiras arquitectónicas

Noticia de Tierras de Santiago:



"El Ayuntamiento de Touro desarrolla una actuación para eliminar las barreras arquitectónicas en los alrededores de su consistorio. Con estas obras se mejorará considerablemente el acceso al inmueble para las personas de movilidad reducida.
Los trabajos, que financia la Diputación da Coruña, cuentan con un presupuesto que ronda los 15.000 euros y un plazo de ejecución de dos meses. El proyecto prevé la creación de dos rampas de acceso, una justo enfrente de la puerta principal del edificio municipal y otra en la parte de atrás, donde se ubica tanto la biblioteca del concello como el aula de informática.
Además, y según indicó el alcalde, el popular Ignacio Codesido, "vaise trasladar a praza de minusválidos xusto enfrente da fachada principal para que poidan acceder coa maior seguridade posible". Asimismo, gracias a esta actuación, se habilitará una rampa que conecte directamente con la acera que da acceso a la escuela de Fonte Díaz. "A intención é que poidan acceder á beirarrúa do colexio público sen ter que pasar pola estrada", explica.
Paralelamente, el Concello de Touro solicitó a la Diputación una subvención para habilitar paneles solares en el consistorio, en el colegio, la piscina y el pabellón municipal con el fin de facilitar el aprovechamiento de la energía solar."

martes, 17 de noviembre de 2009

Obradoiro de emprego

Dentro dunhas semanas dará comezo un obradoiro de emprego no concello no cal poderán participar 25 persoas e 5 mestres. Todos eles deberán estar inscritos na oficina de emprego de Santiago. O traballos que realizarán son os seguintes:

-"A creación dunha nova zona verde integral no entorno da piscina municipal.
-A creación dunha ruta de sendeirismo.
-Realización e recubrimento de naves.
-Solano na fervenza de Salto das Pombas con creación de pasamáns e quitamedos.
-Reformas de xardinería e cantería en zonas verdes urbáns e rurais", entre outras.

Máis info en Tierras de Santiago.

martes, 10 de noviembre de 2009

Renovación de dous parques infantís

"A xunta de goberno local do Concello a finais do mes pasado dou luz verde á adxudicación das obras dos parques infantís da escola de Fonte Díaz e do Martín Códax. A empresa que se encargará de levar a cabo a obra é Estudio y Diseño de Galicia SL (Ediga) e o presuposto dispoñible para desenvolver estes proxectos ascende a un total de 70.176,93 €. Esta actuación é posíbel grazas ao plan de parqeus infantís desenvoltos pola Deputación d'A Coruña e que permite arranxar de áreas de ocio infantís e creación doutras novas."
Información sacada de:
http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=347&idNoticia=485649


Horas ían sendo de que renovasen ese parque, a veces parece que están agardando a que se manque un neno para renovar o material.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Magosto en Fonte Díaz

Mañá venres 6 de novembro a Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla organiza un magosto. Será ás 19.00 horas no campo da festa de Touro. Quen se achegue ata alí poderá degustar castañas, filloas e viño gratis. E para que baixe ben a comida non podía faltar as actuacións de varios grupos folclóricos da zona.

lunes, 2 de noviembre de 2009

Centro sociocultural para Touro

Horas eran de que os veciños dispuxen dun local para poder realizar actividades culturais e de outra índole:

"El Ayuntamiento de Touro formalizó el pasado viernes en un pleno extraordinario la adquisición de un local al Arzobispado de Santiago que se habilitará como centro sociocultural. El precio acordado con la Iglesia asciende a un total de 90.000 euros y el bajo está ubicado en el número seis de la rúa Eduardo Blanco Amor, justo al lado del campo da festa de Fonte Díaz, capital municipal. Parte de esta cantidad, concretamente, 50.000 euros, se entregarán directamente al Arzobispado, mientras que los 40.000 restantes se amortizarán "en tres anos" a través de diversas obras que se acometerán en la parroquia de Touro.

La compra fue aprobada por unanimidad de los ediles de la Corporación. Según indicó el alcalde, el popular Ignacio Codesido, el Concello pretende "trasladar o PAI –puidéndose incluso ampliar as prazas existentes–, crear un auditorio e facer algún local social" en los algo menos de 300 metros cuadrados útiles de los que dispone este bajo. Buscarán financiación para los trabajos de remodelación de este espacio."

http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=347&idNoticia=480965


O pleno aproba provisionalmente o PXOM

"El pleno del Ayuntamiento de Touro aprobó provisionalmente el pasado viernes el Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). El documento urbanístico reformado tras el rechazo por parte de la anterior Xunta de Galicia contó con los votos a favor de los ocho ediles del PP y de la concejala del PSOE, y la abstención de los ediles del BNG, quienes destacaron la reducción en la expansión de los núcleos rurales, así como la supresión del gran proyecto de construcción de un campo de golf que permitiría restaurar las antiguas minas de Río Tinto.

El texto urbanístico que ahora se dirigirá a la Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, prevé la construcción de más de 7.000 viviendas en los próximos veinte años, ascendiendo la capacidad residencial a una superficie total de 1.051.508 metros cuadrados. El alcalde, el popular Ignacio Codesido, espera tener una pronta respuesta de la Administración autonómica con respecto al Plan Xeral."

http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=347&idNoticia=480970

jueves, 10 de septiembre de 2009

Tractor con desbrozadora para o concello

Segundo conta o xornal Tierras de Santiago, a Deputación da Coruña destinará 100.000 euros á adquisición dun tractor con desbrozadora para o concello, tal e como se recolle no convenio firmado polo alcalde Ignacio Codesido.

A axuda provincial cobre a totalidade do prezo do vehículo cuxa compra realizará de forma directa o Concello, e que esta dotado dun motor de 136 cabalos de potencia e cun circuito hidráulico de centro aberto con doble bomba.

Esperemos que se lle saque partido e se eviten prácticas máis prexudiciais para o medio ambiente , como queimar roleiros utilizando herbicidas, cousa que xa se ten feito.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Dani: In memoriam

Outra vez máis o domingo levantámonos coa noticia dos mozos que morreron nas estradas galegas esa noite cando voltaba dos lugares de movida para as súas casas.
Outra vez alcol e velocidade.
Outra vez familias destrozadas, amigos,veciños e coñecidos consternados.
Outra vez un tanatorio e un cemiterio énchese de xente nova para dicirlle o último adeus a un amigo, non a un familiar máis vello deste.
Outra vez, outra vez o mesmo.

A novidade é que desta é algúen que todos coñecemos, Dani.
Ou non tan novidade porque hai menos de 6 meses que morreu un mozo de Ferreiros en condicións semellantes cando volvía de Melide.

Cantos máis teñen que morrer para que nos decatemos de que alcol, drogas, velocidade e coche equivale a morte segura? Espero que ninguén máis, pero a experiencia dinos que non será o último.

Daniel, todos gardamos un bo recordo teu. D.E.P.

jueves, 13 de agosto de 2009

A gripe A anda preto: casos en Touro e no Pino

Segundo fontes non oficiais xa hai máis de media ducia de casos de gripe A entre os concellos do Pino e Touro, entre eles algúns nenos. Esa enfermidade que nun principio alarmaba só a poboación mexicana cruzou o charco e instalouse tamén en Europa. Dende aquela un día si e outro tamén os medios de “comunicación” falan de posibles infectados, casos confirmados, persoas hospitalizadas, mortes por gripe A, vacinas, etc. Parece que a gripe A nos persegue e nos acorrala: almorzamos gripe A nun xornal mentres tomamos un café nun bar, vemos o Telexornal do mediodía que nos ofrece gripe A de postre e o mesmo Telexornal tamén nos pon gripe A de cea para desfrutar coa familia. Esa enfermidade que parecía tan distante témola xa á porta da casa, mais é necesaria tanta alarma social sobre o tema? Hai algún interese oculto en que a poboación estea tan asustada?

No conxunto do Estado Español, que ten máis de 40 millóns de habitantes, faleceron unhas 9 persoas por gripe A. Todas elas padecían xa enfermidades crónicas (neumonía, bronquite, asma…). Hai logo tanta razón para alarmarse? Cantas persoas non morren ao ano porque se lles complica unha gripe común ao xuntarse coa vellez ou problemas do aparato respiratorio? É iso noticia todos os días a todas as horas? Non. Que sucede logo coa gripe A?

Vimos e estamos nunha situación de crise económica, polo tanto, ás farmacéuticas interésalles aumentar os beneficios e aos gobernos que a xente deixe de pensar na crise. E abofé que conseguiron ambas as dúas cousas. Non falaba hai uns meses todo o mundo da crise? Non parece que xa está algo esquecida é que se fala máis da gripe A? Por suposto que os gobernos teñen que comprar vacinas, igual que as compran todos os anos para vacinar de gripe común á poboación de máis risco. Agora ben, mentres tanto algúns partidos da oposición, para crear máis alarma e desacreditar ao goberno, piden que se compre un arsenal de vacinas para adminstrarlla ao 100% da poboación. Obviamente, as empresas farmacéuticas frotan as mans e intentan que a Unión Europea lles aprobe o prototipo de vacina canto antes sen que pase todos os controis que debería pasar. Aí está a cuestión de fondo e o porqué da tanta preocupación que nos queren transmitir.

Así que reláxense, vivan tranquilos e se notan os síntomas acudan ao seu médico de cabeceira.


Programa "Concellos saudables" na feira

Noticia tirada de Tierras de Santiago:

Éxito de la carpa saudable en la feria mensual de Fonte Díaz

TOURO. S.FORMOSO

Vecinos degustando las propuestas saludables presentadas en la carpa FOTO: FORMOSO
Vecinos degustando las propuestas saludables presentadas en la carpa
FOTO: FORMOSO
Más de trescientos vecinos pasaron el pasado miércoles por la carpa saudable que se instaló en el mercado mensual de Fonte Díaz. En este stand, los asistentes pudieron degustar diversos tipos de frutas, con una innovadora presentación en forma de brochetas, así como pan y también quesos de Arzúa.

El objetivo de la carpa saudable es "potenciar y fomentar la alimentación sana, y además de productos de la zona", una intención sobradamente cumplida, gracias al gran éxito que tuvo esta iniciativa. Tanto es así, que desde el Concello se está pensando en repetir para la próxima feria del día en septiembre.

Varios de los alimentos que se pudieron degustar en la carpa saudable fueron donados por empresas de la zona. Así, los 32 quesos fueron ofrecidos a la organización por la Cooperativa Arzuana, mientras que los 30 kilos de pan que se utilizaron procedían de las panaderías Andeade, A Peneira y Turces. En cuanto a las frutas, se ofrecieron tanto sandías, como melones, manzanas, peladillos o uvas.

Además, se repartieron diversos folletos informativos entre los asistentes para que conozcan el programa Concellos saudables.

Éxito rotundo da feira do día 5

Empezou como unha cousa pequerrechiña, case unha anécdota, unha semente que se labrou na terra. Algo que daquela parecía imposíbel, recuperar a feira de Touro, e hoxe é toda unha realidade. O pasado día 5 Touro estaba ateigado de xente e de feirantes, os pulpeiros non daban carrexado racións e os bares estaban cheos. Á xente de todos os meses xuntáronselle outras caras descoñecidas, como familiares eo País Vasco ou Cataluña que veñen pasar a Touro as vacacións.

Ante isto como veciño de Touro que son, non podo facer outra cousa que encher o peito de orgullo.

lunes, 20 de julio de 2009

Cultura e política

Reproducimos aquí polo seu interese unha Carta ao director envíada ao xornal El Correo Gallego por José Bernárdez:

"Son un veciño de Touro, que estiven no festival Folk In Río que os rapaces do grupo de gaitas organizaron o sábado 27 de xuño. A verdade é que a miña familia mais eu gozamos como hai moitos anos que non o facemos xa que foi u­nha festa das que obrigatoriamente deberían existir en cada Concello, na que os veciños van comer a unha carballeira e desfrutan das festas tal e como as coñecín sendo un neno, con aqueles xogos tradicionais, artesáns e sobre todo a música galega, é dicir, iso foi a exaltación dunha cultura que non se debería perder en Galicia.

Pero comentando coa xente o ben que estaba todo organizado, ó día seguinte decátome de que uns veciños non acudiron por pensar que esa festa era organizada por un partido político non afín ó alcalde, polo que este se negou a axudar na celebración desta festa tan bonita, e non contento con isto, limitábase a dicir que a festa era dun partido político e que detrás da organización estaban esas siglas partidarias. Dende o meu punto de vista é moi triste pensar que naquela festa o único que houbo foi moita diversión e unha tarde estupenda cos veciños, e polo que eu vin, alí non se me despreciou como votante do PP (non sei se o sabían), pero creo que o señor alcalde e os veciños que como el pensaban están moi equivocados co fin da festa do sábado. Agora o que teño eu é unha dúbida: ¿non será que no Concello, que presume todos os anos de non dar gastado os cartos dos que dispón e rematar os exercicios con superávit, non lle gusta que se organice algo sen eles manexar os fíos?, ¿ou por que a persoa que debería organizar estas festas só se dedica a pasar unhas poucas horas no concello e a cobrar por facer un programa de actividades en horario escolar? A min que me expliquen estas cousas e, por favor, señor alcalde de Touro, non mestura a cultura coa política, que nesta vida hai cousas máis importantes que manter o posto dos que levades 20 anos gobernando.

Como veciño vou comprobar se estes datos son correctos, pero creo que acabas de perder os votos dunha familia de Touro. ¡¡ U­nha pena mesturar o touciño coa velocidade!!"

Para velo na web do xornal faga click aquí

Tome nota señor alcalde! e Parabéns aos mozos de Sobreiras do Ulla (ASOCIACIÓN CULTURAL)