jueves, 10 de septiembre de 2009

Tractor con desbrozadora para o concello

Segundo conta o xornal Tierras de Santiago, a Deputación da Coruña destinará 100.000 euros á adquisición dun tractor con desbrozadora para o concello, tal e como se recolle no convenio firmado polo alcalde Ignacio Codesido.

A axuda provincial cobre a totalidade do prezo do vehículo cuxa compra realizará de forma directa o Concello, e que esta dotado dun motor de 136 cabalos de potencia e cun circuito hidráulico de centro aberto con doble bomba.

Esperemos que se lle saque partido e se eviten prácticas máis prexudiciais para o medio ambiente , como queimar roleiros utilizando herbicidas, cousa que xa se ten feito.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Dani: In memoriam

Outra vez máis o domingo levantámonos coa noticia dos mozos que morreron nas estradas galegas esa noite cando voltaba dos lugares de movida para as súas casas.
Outra vez alcol e velocidade.
Outra vez familias destrozadas, amigos,veciños e coñecidos consternados.
Outra vez un tanatorio e un cemiterio énchese de xente nova para dicirlle o último adeus a un amigo, non a un familiar máis vello deste.
Outra vez, outra vez o mesmo.

A novidade é que desta é algúen que todos coñecemos, Dani.
Ou non tan novidade porque hai menos de 6 meses que morreu un mozo de Ferreiros en condicións semellantes cando volvía de Melide.

Cantos máis teñen que morrer para que nos decatemos de que alcol, drogas, velocidade e coche equivale a morte segura? Espero que ninguén máis, pero a experiencia dinos que non será o último.

Daniel, todos gardamos un bo recordo teu. D.E.P.