jueves, 17 de junio de 2010

FOLK IN RIO - TOURO

A Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla (ACASDU) organiza este domingo o festival FOLK IN RÍO, que terá o seguinte programa:

11:00 : I Open de Billarda
12:00 : Concurso Cantos de Taberna (polos bares de Touro)
14:00 : Final do concurso na Área Recreativa A Santaia
15:00 : Xantar campestre

Dende as 16:00
-Exposición de Artesáns
-Xogos tradicionais
-Espectáculo de maxia con Roi o Cagabolas

Dende as 18:00 FESTIVAL FOLK IN RIO
-Os Malinos de Portugal
-Zurrumalla de Pontevedra
-A requinta da Laxeira de Vedra

miércoles, 10 de marzo de 2010

TOURO NUNCA SERÁ TORO

Pois eso mesmo, que na anterior feira de turismo de Madrid, na clausura da mesma, o Excmo. Conselleiro de "Cultura", traduciu o nome de Sobrado dos Monxes por Desván de los Monjes, e o que máis nos preocupa a nós, o de Touro por TORO.
Hai que decirlle a esta xente, que o Concello de Toro, está na provincia de Zamora, mentres que o noso, sempre será TOURO.

domingo, 10 de enero de 2010

Neve en Touro

Xa había tempo que a neve se esquecía de Touro. Tras estar bastantes anos sen vir, visitounos o ano pasado o día 9 de xaneiro. Parece que as folerpas lles gustou a nosa terra e non quixeron deixar pasar un ano para volver. Así o venres 8 de xaneiro de 2010 levantámonos cós termómetros pólo chan e chan vestido de branco. E non so o venres, senón sábado e tamén hoxe (domingo) está nevando. Mais desta vez a neve viña acompañada de xeo e xeada, o que fixo que o tránsito polas estradas fose mais complicado que o ano pasado. A neve coa que gozaron os máis pequenos poucos afeitos a vela por estes lares foi, en cambio, fonte de preocupación para os seus pais que viron como lles era difícil ou case imposible ir aos seus centros de traballo. Na imaxe vese a aldea de Tarrío (Bama) toda nevada o ano pasado.