jueves, 13 de agosto de 2009

A gripe A anda preto: casos en Touro e no Pino

Segundo fontes non oficiais xa hai máis de media ducia de casos de gripe A entre os concellos do Pino e Touro, entre eles algúns nenos. Esa enfermidade que nun principio alarmaba só a poboación mexicana cruzou o charco e instalouse tamén en Europa. Dende aquela un día si e outro tamén os medios de “comunicación” falan de posibles infectados, casos confirmados, persoas hospitalizadas, mortes por gripe A, vacinas, etc. Parece que a gripe A nos persegue e nos acorrala: almorzamos gripe A nun xornal mentres tomamos un café nun bar, vemos o Telexornal do mediodía que nos ofrece gripe A de postre e o mesmo Telexornal tamén nos pon gripe A de cea para desfrutar coa familia. Esa enfermidade que parecía tan distante témola xa á porta da casa, mais é necesaria tanta alarma social sobre o tema? Hai algún interese oculto en que a poboación estea tan asustada?

No conxunto do Estado Español, que ten máis de 40 millóns de habitantes, faleceron unhas 9 persoas por gripe A. Todas elas padecían xa enfermidades crónicas (neumonía, bronquite, asma…). Hai logo tanta razón para alarmarse? Cantas persoas non morren ao ano porque se lles complica unha gripe común ao xuntarse coa vellez ou problemas do aparato respiratorio? É iso noticia todos os días a todas as horas? Non. Que sucede logo coa gripe A?

Vimos e estamos nunha situación de crise económica, polo tanto, ás farmacéuticas interésalles aumentar os beneficios e aos gobernos que a xente deixe de pensar na crise. E abofé que conseguiron ambas as dúas cousas. Non falaba hai uns meses todo o mundo da crise? Non parece que xa está algo esquecida é que se fala máis da gripe A? Por suposto que os gobernos teñen que comprar vacinas, igual que as compran todos os anos para vacinar de gripe común á poboación de máis risco. Agora ben, mentres tanto algúns partidos da oposición, para crear máis alarma e desacreditar ao goberno, piden que se compre un arsenal de vacinas para adminstrarlla ao 100% da poboación. Obviamente, as empresas farmacéuticas frotan as mans e intentan que a Unión Europea lles aprobe o prototipo de vacina canto antes sen que pase todos os controis que debería pasar. Aí está a cuestión de fondo e o porqué da tanta preocupación que nos queren transmitir.

Así que reláxense, vivan tranquilos e se notan os síntomas acudan ao seu médico de cabeceira.


Programa "Concellos saudables" na feira

Noticia tirada de Tierras de Santiago:

Éxito de la carpa saudable en la feria mensual de Fonte Díaz

TOURO. S.FORMOSO

Vecinos degustando las propuestas saludables presentadas en la carpa FOTO: FORMOSO
Vecinos degustando las propuestas saludables presentadas en la carpa
FOTO: FORMOSO
Más de trescientos vecinos pasaron el pasado miércoles por la carpa saudable que se instaló en el mercado mensual de Fonte Díaz. En este stand, los asistentes pudieron degustar diversos tipos de frutas, con una innovadora presentación en forma de brochetas, así como pan y también quesos de Arzúa.

El objetivo de la carpa saudable es "potenciar y fomentar la alimentación sana, y además de productos de la zona", una intención sobradamente cumplida, gracias al gran éxito que tuvo esta iniciativa. Tanto es así, que desde el Concello se está pensando en repetir para la próxima feria del día en septiembre.

Varios de los alimentos que se pudieron degustar en la carpa saudable fueron donados por empresas de la zona. Así, los 32 quesos fueron ofrecidos a la organización por la Cooperativa Arzuana, mientras que los 30 kilos de pan que se utilizaron procedían de las panaderías Andeade, A Peneira y Turces. En cuanto a las frutas, se ofrecieron tanto sandías, como melones, manzanas, peladillos o uvas.

Además, se repartieron diversos folletos informativos entre los asistentes para que conozcan el programa Concellos saudables.

Éxito rotundo da feira do día 5

Empezou como unha cousa pequerrechiña, case unha anécdota, unha semente que se labrou na terra. Algo que daquela parecía imposíbel, recuperar a feira de Touro, e hoxe é toda unha realidade. O pasado día 5 Touro estaba ateigado de xente e de feirantes, os pulpeiros non daban carrexado racións e os bares estaban cheos. Á xente de todos os meses xuntáronselle outras caras descoñecidas, como familiares eo País Vasco ou Cataluña que veñen pasar a Touro as vacacións.

Ante isto como veciño de Touro que son, non podo facer outra cousa que encher o peito de orgullo.