jueves, 25 de junio de 2009

FOLK IN RIO

O sábado 27 de xuño haberá unha gran foliada

na Area Recreativa da Santaia (Touro):



14.00 Concerto da Banda Municipal Isabel II de Touro

14.30 Xantar campestre (polbo e churrasco)

Contaremos cunha exposición de artesanía, na que se demostrará como se fan traballos de alfareiría, coiro, instrumentos musicais, etc.

Haberá xogos populares e tradicionais (chave, zancos, trompo, billarda, etc. ) e competición de carreiras de sacos e de zancos.


18.30 FOLK IN RIO

O Rancho da escola de Río Tinto (Oporto-Portugal)

A Esmorga de Beseño (Touro)

ACASDÚ (Touro)

Reviravolta (Lardeiros-O Pino)

A Requinta de Xián (Lestedo-Boqueixón)


21.30 Sardiñada gratis para todos os asistentes


Organiza Asociación Cultural “As sobreiras do Ulla”



lunes, 22 de junio de 2009

Onde meten os nosos cartos?

770.400 €, uns 130 millóns de pesetas, esa é a cantidade que o Goberno do Estado lle concedeu ao concello de Touro para "promover a realización de obra pública e inversións que xeneren emprego por parte do concello, coa finalidade de reactivar a economía".

Aquí teñen a descrición dos proxectos que presentou o concello. Asfalto, asfalto e máis asfalto? Son realmente necesarias esas obras? Non hai outras que teñen máis prioridade? Os que piden estas subvencións deben estar faltos de ideas, deben ter pouca imaxinacion. Por iso dende aquí invitámosvos a que lle mandedes e-mails aos responsábeis municipais dándolles ideas de outras actuacións máis urxentes, como a creacion dunha Casa da Cultura, por exemplo. Que desenvolvan o programa electoral que para iso o crearon algún día e que deixen de gastar os nosos cartos en camiños moitas veces xa asfalatados.

Buzón de suxerencias concello de Touro: http://www.concellodetouro.com/buzon/

Aquí van os datos do Fondo de Inversión Local no noso concello tirados de https://ssweb.map.es/infofondolocal/info_ciudadanos/listado_detalles_ciudadanos.php

Detalles para el Municipio de: Touro

Importe Máx. según RDL 9/08: 770.430,00 €
Núm. de Proyectos Aprobados: 9
Fecha aprobación Importe Proyecto
12/02/09 80.776,51 € CAMINO BAIOBRE (BESEÑO) Y OTRO
12/02/09 98.587,08 € Camino Fao - Novefontes
12/02/09 77.220,45 € CAMINO IGLESIA PREVEDIÑOS
13/02/09 93.011,25 € CAMINO DE AS QUINTÁS A REMESQUIDE Y OTRO
13/02/09 96.444,40 € CAMINO LAÑA DE ARRIBA - LÍMITE CON EL PINO (QUIÓN) Y OTROS
13/02/09 79.485,51 € CAMINO IGLESIA DE BAMA A CRUCEIRO (BAMA) Y OTRO
13/02/09 90.720,43 € PAVIMENTACIÓN CAMINO EN VILAR Y OTROS
13/02/09 65.386,66 € CAMINO OBRA A BENDAÑA Y OTROS
13/02/09 88.797,71 €
CAMINO IGLESIA DE SANTISO - CARRETERA PENETRACIÓN Y OTRO





martes, 16 de junio de 2009

Haberá que reenviar o PXOM a Medio Ambiente

Así rezaba un titular desta semana. Para acceder á nova Fagan click:

O concello terá que reenviar de novo o plan xeral a Medio Ambiente

Dende Infotouro apoiamos a tractorada


O noso sectora lácteo estaas pasando putas, así de vulgar e así de sinxelo. O noso sector lácteo está agonizando, e é por iso que dende Infotouro apoiamos a tractorada convocada polo Sindicato Labrego Galego. E apoiámola do xeito que nós podemos de xeito virtual.

jueves, 11 de junio de 2009

Noticias sobre Touro en "Tierras"

Contactos coa Xunta para aprobar o PXOM de Touro

Dolores Martíneza fálanos acerca da enfermidade que padece, o lupus.

ELECCIÓNS EUROPEAS

Que dicir das eleccions europeas? Que Touro non foi unha excepción e comportouse electoralmene coma o resto dos concellos da comarca. Maioría do PP, seguido polo PSOE e BNG. Mostramos aquí un gráfico tirado da páxina do BNG de Touro (www.bngtouro.blogaliza.org) no que se reflexa os votos que obtivo cada partido no noso concello.

Mais o domingo non foi so día de votacións. No colexio de Touro reuníanse centos de rapaces, país, profesores e algún que outro exalumno con morriña do colexio que nos viu medrar, para celebrar o festival de fin de curso.


martes, 2 de junio de 2009

Campo de golf en Touro?



A semana pasada aparecía a seguinte noticia no xornal El Correo Gallego.
Virá para as minas o campo de golf como tanto lle interesará a Paco Gómez?

Fagan click no seguinte título para ir á noticia en El Correo Gallego:

El Aero Club diseña ya su nuevo campo en una parcela de O Pino

Fagan click aquí para ir á noticia en Tierras de Santiago:

El Aero Club apuesta por construir su futuro campo de golf entre O Pino y Touro