martes, 17 de marzo de 2009

Constitución da UXFOR Couto de San Sebastián

Que é unha UXFOR, preguntaredesvos. As UXFOR, Unidade de Xestión Forestal, son unha asociación de propieatarios de monte que deciden unificar a xestión das súas terras. Con isto conséguese rentabilizar a actividade, previr incendios e ordenar a superficoie de acordo tamén a criterios ambientais.

Esta en concreto, que foi visitada estes días polo director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blanco Casal, está formada por 82 propietarios e suma unha superficie de 160 hectáreas.

Esperemos que con iniciativas coma esta se poña en valor un sector con tanto potencial coma o forestal que está ao mesmo tempo tan abandonado debido ao minifundismo galego.


Máis información:

Consellería do Medio Rural

Tierras de Santiago

1 comentario:

  1. Para o que lle interese en

    http://www.bngtouro.blogaliza.org

    aparecen os resultados das pasadas eleccións en Touro

    acompañadas dunha gráfica.

    ResponderEliminar