lunes, 22 de junio de 2009

Onde meten os nosos cartos?

770.400 €, uns 130 millóns de pesetas, esa é a cantidade que o Goberno do Estado lle concedeu ao concello de Touro para "promover a realización de obra pública e inversións que xeneren emprego por parte do concello, coa finalidade de reactivar a economía".

Aquí teñen a descrición dos proxectos que presentou o concello. Asfalto, asfalto e máis asfalto? Son realmente necesarias esas obras? Non hai outras que teñen máis prioridade? Os que piden estas subvencións deben estar faltos de ideas, deben ter pouca imaxinacion. Por iso dende aquí invitámosvos a que lle mandedes e-mails aos responsábeis municipais dándolles ideas de outras actuacións máis urxentes, como a creacion dunha Casa da Cultura, por exemplo. Que desenvolvan o programa electoral que para iso o crearon algún día e que deixen de gastar os nosos cartos en camiños moitas veces xa asfalatados.

Buzón de suxerencias concello de Touro: http://www.concellodetouro.com/buzon/

Aquí van os datos do Fondo de Inversión Local no noso concello tirados de https://ssweb.map.es/infofondolocal/info_ciudadanos/listado_detalles_ciudadanos.php

Detalles para el Municipio de: Touro

Importe Máx. según RDL 9/08: 770.430,00 €
Núm. de Proyectos Aprobados: 9
Fecha aprobación Importe Proyecto
12/02/09 80.776,51 € CAMINO BAIOBRE (BESEÑO) Y OTRO
12/02/09 98.587,08 € Camino Fao - Novefontes
12/02/09 77.220,45 € CAMINO IGLESIA PREVEDIÑOS
13/02/09 93.011,25 € CAMINO DE AS QUINTÁS A REMESQUIDE Y OTRO
13/02/09 96.444,40 € CAMINO LAÑA DE ARRIBA - LÍMITE CON EL PINO (QUIÓN) Y OTROS
13/02/09 79.485,51 € CAMINO IGLESIA DE BAMA A CRUCEIRO (BAMA) Y OTRO
13/02/09 90.720,43 € PAVIMENTACIÓN CAMINO EN VILAR Y OTROS
13/02/09 65.386,66 € CAMINO OBRA A BENDAÑA Y OTROS
13/02/09 88.797,71 €
CAMINO IGLESIA DE SANTISO - CARRETERA PENETRACIÓN Y OTRO





No hay comentarios:

Publicar un comentario