domingo, 10 de enero de 2010

Neve en Touro

Xa había tempo que a neve se esquecía de Touro. Tras estar bastantes anos sen vir, visitounos o ano pasado o día 9 de xaneiro. Parece que as folerpas lles gustou a nosa terra e non quixeron deixar pasar un ano para volver. Así o venres 8 de xaneiro de 2010 levantámonos cós termómetros pólo chan e chan vestido de branco. E non so o venres, senón sábado e tamén hoxe (domingo) está nevando. Mais desta vez a neve viña acompañada de xeo e xeada, o que fixo que o tránsito polas estradas fose mais complicado que o ano pasado. A neve coa que gozaron os máis pequenos poucos afeitos a vela por estes lares foi, en cambio, fonte de preocupación para os seus pais que viron como lles era difícil ou case imposible ir aos seus centros de traballo. Na imaxe vese a aldea de Tarrío (Bama) toda nevada o ano pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario