lunes, 4 de mayo de 2009

Deportes: Fútbol


Pois despois de tanta festa chegaba a hora da verdade: ese partido tan esperado e despois de dous aprazamentos previos, o tan ansiado derbi entre a S.D.Touro-O Pino. Finalmente o dia celebrado non pudo ser peor escollido pola federación, pero xa se sabe que nestes casos sempre ocurre o mesmo. Asi chegamos o venres día 1 de Maio, as 11 da mañan estaban citados os xogadores de ambos equipos no campo de Loxo. Como estaba previsto a puntualidade despois dun día de festa foi a agardada xa que bastantes xogadores chegaron con retraso. Pero de todos modos as 12 h. comezou o partido e con unha alta intensidade, característica destes derbis. Primeiramente empezou golpeando o equipo local con mais gañas e que disfrutou de varias ocasións nos pes de Cesar en algunha galopada, Samuel en balóns colgados e os tiros lonxanos de Andrés. Pola sua parte O Pino reacionaba ante o acoso local pero moi timidamente. O equipo local estaba moito máis metido no partido e con mais gañas, e eso palpouse xa mediada a primeira metade cando nunha xogada que comeza Cesar o borde da area, pasa cara Samuel e este acomodando pa perna dereita marca por baixo sen darlle opcións o porteiro visitante. Este golpe ainda lle subeu mais a moral o equipo local que continuou intentando e fixo que o entrenador visitante reaccionara introduccindo no campo a Fran, delantero do Pino, que foi o que creou algunha que outra xogada de perigo antes do remate da primeira metade.


Xa na segunda parte máis do mesmo, dominio local con certas ocasións claras de perigo e co equipo visitante tentando a balón parado. Pero o empate non chegaba, e a falta de cinco minutos para o final do partido, falta que saca O Pino e balón que despexa a defensa local, a seguinte xogada, Cesar proba sorte desde a frontal da area e con un disparo tremendo bate por segunda vez o gardameta visitante. Deste modo chegouse o final do partido con unha merecida victoria da S.D.Touro que puxo maior impetú durante todo o partido.

Resultado: S.D. Touro 2 - O Pino 0 .

Tamén na xornada do sábado o equipo de Touro volveu xogar o partido de liga correspondente a penúltima xornada de liga. Novamente disputado en Loxo o equipo continuou a sua fenomenal racha diante dun equipo punteiro como o Belvís de Santiago. O partido resolveuse co resultado final de Touro 4 - Belvís 4.

Así o equipo a falta dun partido para acabar a liga, arranxou de algún modo o desastre inicial e acaba a liga coa cabeza alta. O único pero posible que lles queda e que se houbera un maior compromiso por parte de todos poderían haber estado loitando nos postos de cabeza.


A clasificación a falta dunha xornada queda deste modo:

Equipos;

1. Silleda
2. San Pedro
3. Villestro
4. Tordoia
5. Belvís
6. San Miguel
7. La Salle
8. O Pino
9. Trazo
10. Cogalrodeiro
11. Touro
12. Amio
13. Portomouro
14. Café Carrilana
15. San Marcos B
16. O Xa Chegou

Seguiremos informando dos deportes de verán no concello de touro xa que as ligas intermunicipais estan chegando o seu remate casi todas. Un saúdo.


1 comentario:

  1. buaa samuel!!
    que grande como redactor de partidos! xa estás máis que fichado: samuel = "o home dos deportes"

    ResponderEliminar