jueves, 14 de mayo de 2009

TOURO: CANTEIRA DE ACTRICES


Comezaron con gañas, e deron con quen soubo aproveitar o seu potencial, falo do grupo de teatro de Touro. Vinas o ano pasado nunha primeira actuación nos locais que están ao lado do campo da festa de Fonte Díaz. Víase ilusión, ganas de traballar, e bastante xente. E a xente non quedou defraudada, eu quedei encantado, desfrutei coma o que máis. Fixeronme pasar da risa e carallada, á emoción e case ás bágoas nalgún momento. Actualidade cos problemas da mocidade, implicación social e unha clara defensa do galego, idioma noso, idioma dos galegos. E dende aquela colleitaron éxito tras éxito nos teatros máis importantes do país. E agora non fai moito, un premio a artistas tan boas: viaxe a Granada, pasando por Salamanca, Toledo ou Madrid, entre outros. E por suposto, non puido faltar o que @s une: o teatro, e aló actuaron nas terras andaluzas. Ánimo moz@s, non o deixedes. Touro e a súa mocidade vive en vós, levádea ben lonxe. Aquí unha foto da viaxe e avisarlles: MOI AXIÑA ESTARÁN NO LOLA-LOLITA EN ARCA, así para os que non tivestes a oportunidade de vela, aproveitade que están pretiño da casa.

Ver noticia no Terras de Santiago en:
http://tierrasdesantiago.es/index_3.php?idMenu=347&idNoticia=425745

1 comentario:

  1. Buenooo, que sorpresa encontrarme con este blog, me alegro de que se haga algo así por aquí.
    Y nada, me sumo a la enhorabuena a estas chicas, que la verdad lo hacen muy bien, y cada vez mejor.
    Y la enhorabuena también para Afonso, porque dominar a estas fieras tiene tela (si lo sabré yo).
    A ver cuándo se apuntan chicos a ese grupo, que creo que sólo hay dos y son muy pequeños...

    ResponderEliminar